Brión
Faino Posible
IES de Brión
Igrexa de Bastavales
Vistas dende a Igrexa de Bastavales
BRIÓN
Preme nas iconas para escoitar a información
Localización
Brión é un concello grande de 75km cadrados e conta con arredor de 8000 habitantes. Conta con 106 aldeas, repartidas en 9 parroquias. Atópase cara o leste de Santiago de Compostela, en A Coruña; a 13km da capital e a 23km da costa.
Temos a riqueza de ter abundante flora. O paseo do río Pego ofrécenos toda a natureza da que podemos gozar no noso concello.
Imaxe dos alumn@s de 2º de ESO do IES de BRIÓN na igrexa de S. xulián de Bastavales
O paseo do Río Pego pasa a través da urbanización Río Pego e Monte Balado. Hai un pequeno tramo onde hai zonas de picnic e dende onde podemos observar a súa fauna e flora.
DESCOBRE BRIÓN
Carballeira de Santa Minia
A carballeira de Santa Minia é un dos lugares máis representantivos do Concello de Brión. Esta acolle as árbores centenarias do concello.
Cada 27 de setembro celébrase a coñecida festa de Santa Minia.
Igrexa dos Ánxeles
A igrexa dos Ánxeles atópase na aldea de Soigrexa, na parroquia dos Ánxeles. Ten unha decoración única que paga a pena visitar.
Antigamente dicíase que o son das campás desta igrexa afastaba os tronos. Ademais, críase que a auga da súa fonte era auga santa e que era boa para usar no campo, para os animais e tamén axudaba a afastar os tronos.
Imaxe do Santuario
de Santa Minia
Imaxe da Igrexa de Bastavales
DESCOBRE BRIÓN
Igrexa de Bastavales
A igrexa de Bastavales chamada San Xulián de Bastavales.
O seu principal monumento é a igrexa, construída a mediados do século XVII sobre un templo románico anterior. No mesmo lugar atópase a Capela do Carme, de 1707, dun conxunto monumental de estilo barroco. Na igrexa destaca o seu interior, con varios retablos de gran riqueza artística, o templo está orientado a occidente para poder así divisar as torres da Catedral Compostelá, cousa pouco común posto que soen estar orientadas ó oriente.
Imaxe da capela do Tremo.
DESCOBRE BRIÓN
Igrexa de Santa Minia
A construción do santuario de Santa Minia data do século XIX. Este é un templo da feligresía de San Fins de Brión que podemos visitar dende a súa fundación en 1806.
O Balneario do Tremo
Ao lado do balneario do Tremo, na parroquia de Os Ánxeles, foi construída pouco antes de 1772, segundo o libro de fábrica da parroquia, unha pequena capela reformada con posterioridade en 1792, quedando a arquitectura que hoxe en día gozamos. Cun patio que a antecede, onde a fonte coa escultura de Vicente Ramos, alí podes achegarte a beber das súas limpas augas.
DESCOBRE BRIÓN
ROTEIROS
Imaxe da igrexa da Luaña
ROTEIROS
ROTEIROS
A continuación presentamos outra proposta de roteiro
Elaboramos este proxecto para que todas as persoas que non coñezan Brión poidan percatarse de todos os lugares fermosos que temos no noso concello. Tamén queremos ofrecer esta experiencia a persoas con diversidade funcional, achegando deste xeito a nosa contorna a diferentes colectivos de persoas.
Proxecto realizado polo alumnado de Proxecto Competencial do IES Brión no curso 2023-2024
Coordina Biblioteca do IES Brión
Colabora Concello de Brión
Nota: a maioría das imaxes que contén esta web son fotografías feitas por nós.
A continuación referenciamos o resto das imaxes:
Bibliografía